viernes, 23 de abril de 2010

NEGREIRA-FISTERRA

 P1050522 A última etapa! Esta é unha etapa larga de 74 kms. Pasa por paisaxes magníficos. O orballo vainos acompañando casi todo o traxecto, pero non nos impide admirar o noso entorno verde, agreste e salpicado de pequenas poboacións. O traxecto do camiño vai case en línea recta desde Negreira, atravesando as montañas, desde as que divisamos panorámicas impresionantes. Os operarios de montes están rozando os toxos e salpicando o camiños cos mesmos. P1050528 Iso provocará múltiples pinchazos. Eu por sorte resisto coas cámaras con líquido. É unha solución que aconsello. Imos alternando con trozos de asfalto para logo dirixirnos ás montañas que circundan a costa. Bordeamos o Encoro de Ponte Olveira. Despois de Olveiroa, en torno a Hospital o camiño divídese: un vai a Muxía e outro a Cee e Fisterra. Nos optamos por este último. Por fin chegamos a Cee onde tiñamos a comida conxunta. Despois da comida iniciamos o acceso ó Faro de Fisterra. P1050556 Aínda nos quedaban unhas cuantas dificultades. Algunha pendiente e a subida final ó Faro por carretera, onde xa nos comezaban a flaquear as forzas. Pero alí chegamos e poidemos admirar a inmensidade do mar, a curvatura do horizonte que lle da máis relevo ó nome de “Finis Terrae”. P1050565Cantos ollos admiraron esta paisaxe! O camiño remataba… pero quedaba nas nosas retinas un sinfín de imaxes, así como no noso corazón unha satisfacción e un sentimento que nos repetía: “para o ano, volvo”. Foi unha experiencia inolvidable, única. Obxectivo cumprido.

Track aquí.

3 comentarios:

  1. Noraboa!!!

    SAUde dende a Terra da Chispa

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Calan.
    Creo que me quedou mono do Camiño...
    Ti enténdelo, ¿verdade?

    ResponderEliminar
  3. Muy buenas las crónicas Eligio. Felicidades por el recorrido!! Ya tengo ganas de una ruta como esta ¡ algún día nos decidiremos !

    ResponderEliminar