lunes, 19 de abril de 2010

CADAVO DE BALEIRA-LUGO

P1050242 Saimos cedo para Lugo. Só son 31 kilómetros, pero queremos chegar pronto… A ruta foi bastante suave. O camiño estaba ben, pasando por moitas zonas de bosque. En algúns sitios había bastante barro, auga e algunha pendiente difícil, pero entretida.IMG_6913 Polo camiño fixemos algunha parada para contemplar as fermosas paisaxes ou para botar unha parrafada, como eu fixen con Eleuterio que me contou a historia contemporánea da súa aldea: “Xa quedamos poucos aquí. Os novos vanse fora; a Santiago, a A Coruña…”. A chegada a Lugo foi pola Porta de S. Pedro que nos leva ó Albergue onde selamos a credencial. P1050290  De aí dirixímonos ó Hotel Darío na Avenida da Coruña. O precio foi aceptable: 30 € habitación doble. Despois de ducharnos e comprar as cámaras que xa agotaramos cos pinchazos, collimos un autobús para ir a comer un tremendo cocido con botelo incluído no restaurante “Fuente del Rey”, incluídos postre de filloas con nata e mel e chupitos variados. P1050291Despois fumos a dar un paseo por Lugo.  Catedral, paseo pola muralla, Praza Maior… Sentámonos nunha terraza na devandita praza tomando algo… e logo fomos a cenar algo lixeiro pois o cocido non se da dixerido tan facilmente.

Track aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario