Esta xornada non é moi difícil. Queremos chegar a Santiago para comer e poder ter toda a tarde para pasear pola cidade. Saímos de boa mañá. O Principio o tempo é bó. Cada vez aumenta máis o número de peregrinos andando. Nun tramo de forte subida atopamos unha excursión con unha morea de alumnos dos institutos do Barbanza. Foi difícil sobrepasalos. Ocupaban toda a calzada. Pero hai que dicir que os rapaces portáronse ben e ós nosos requerimentos pedindo paso ían apartándose. É de agradecer. Son inevitables os comentarios: “Fas un caballito?”, “Cómproche a orquilla”, “Con esa bici xa podes, eh?”… Algúns levan o seu nome nun pano o que me permite personalizar: “Vanessa, déixame pasar. Gracias Vanessa”. E a tal Vanessa mírame como dicindo “De que me coñece a min este individuo?”. Gracias chavales! Así seguimos un anaco e xa comezou a caer a auga prescriptiva da proximidade a Santiago. A parar, poñer o chuvasqueiro e tapar a mochila. Así nun continuo chover fomos avanzando polos camiños fermosos de aproximación a Compostela. Aparecen os de Protección Civil e páranme para preguntarme: “Non viu a uns rapaces que veñen polo camiño?”. “Vin”, resposto. “Viñan un montón deles”. “Si, son 600 en total”. “Xa mo parecía a min, pois veñen como a 2 kilómetros”.Xa comezan a abundar os eucaliptos que van marcando o paso entre as pequenas poboacións. Chegamos a S. Marcos empapados. Menos mal que alí estaba a furgoneta coa bolsa de roupa e puden coller unha camiseta seca… Alí é onde paramos a comer a mariscada regada co Albariño que nos recompuxo o ánimo. Rematada a comida o tempo xa era expléndido. Brillaba o sol e a temperatura era moi agradable. Así que… adiante, xa falta pouco. Entramos na cidade ata o Obradoiro. A primeira sensación é: “Que pena que se está acabando”… Menos mal que aínda nos quedan duas etapas ata chegar a Fisterra. Iso reconfórtame. Admiramos a impresionante fachadad e logo dunhas fotos imos recoller a Compostela na oficina do peregrino. Logo ó hotel. Ducha. Un pequeno descanso e saimos a cear cerca.
Track de Arzúa a S. Marcos aquí.
Track de S. Marcos á Catedral aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario