Comezamos O Camiño Primitivo desde Pola de Allande. Chegamos a noite anterior. Cenamos e durmimos na Allandesa. Bó sitio; recomendable. En principio non subimos el Palo por o camiño. Todos nolo desaconsellaron. A Garda Civil e mesmo os Gardas Forestales. Coas choivas recentes o camiño estaba impracticable. Moi a pesar noso decidimos ir por carretera ata o alto e logo xa veríamos. Logo de repostar na “fonte de las Muyeres” procedimos ó descenso. Nun momento da baixada retomamos o camiño e así chegamos ata Berducedo. Alí tomamos o avituallamentos en "La culpa fué de María". Nada, un pouco de tapeo: xabarín (bendito Asterix), calamares, cecina, xamón, queixo e unha esquesited da casa: cabrales con cebola confitada. Todo regado cunhas cervexas. Recomendable. Estando nestes menesteres cainos unha forte granizada e frustrounos a baixada á La Mesa polo Camiño. Fixémolo por carretera e logo o forte ascenso desde o embalse ata Grandas de Salime, onde pernoctariamos. Nada máis chegar comezou a tronar e caiu o ceo enteiro en forma de torrentes impresionantes. ¡Da que nos libramos!
Track aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario