martes, 20 de abril de 2010

LUGO-ARZÚA


190420101097 Estamos disfrutando inmensamente. Camiño de pedras, barro, auga
"burelense", trialeras... baixadas... Que baixadas... Hoxe tócanos unha etapa larga. Iremos ata Arzúa pero pararemos a comer en Melide, no famoso restaurante Ezequiel. Hai que comprobar se a sona ten que ver coa realidade. P1050373P1050357  A ruta foi excelente. Sendas impresionantes, arboladas, camiños pola montaña con zonas de trialeras e baixadas moi entretidas. En algúns tramos había que cruzar pequenos regatos. Tamén tivemos diversas averías, entre as que estivo unha rotura de cadena que Jose amañou con moita arte.. Xa chegados a Melide, tomamos unha cervexa na entrada do Restaurante Ezequiel servida por Moncho o Embaixador do Camiño que tamén nos proporcionou unhas imaxes típicas do Camiño. P1050261 Logo psamos a comer o famoso pulpo, empanada, tortilla, churrasco, tarta de Santiago todo regado cun viño da terra e uns chupitos. Total 11€. Ezequiel non defraudou. Xa despois de comer, salvamos os 12 ou 14 kms. que nos faltaban para Arzúa. Xa empezamos a ver moitos peregrinos, cada vez máis, que ían a pé.  Un alemán, uns colombianos, un grupo de ciclistas que viñan de S. Jean Pied de Port… P1050351así de maneira interminable. A canción cotidiana agora era: “Ola, cuidado… Boas tardes… Gracias… Bo Camiño….” Xa en Arzúa imos ó Hostal Rúa. Moi bó, pega a pena. Está á entrada de Arzúa. Alí aproveitamos para facer algo de colada, aseo e… logo a cear no mesmo hostal.

Track aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario