Ás 9 saimos de Grandas, xa decididos a facer “relixiosamente” todo por camiño. Ah! pero alí estaba o Acebo. Impracticable polas últimas choivas. Así ese anaco saímos do camiño e subímolo pola carretera. Boa subida, vive Dios! Ata aquí atopamos de todo: barro, trialeras, campo a través, baixadas vertixinosas, subidas imposibles… Disfrutando en cada momento. Así camiño a camiño chegamos a Fonsagrada, punto de encontro para comer. En canto nos agrupábamos co resto, unhas cervexiñas para hidratar. Comimos no restaurante “Prados”, precio de menú. Moi ben. Ó rematar collimos o camiño de novo. As pistas eran preciosas. Iban discorrindo por bosques de carballos, algúns piñeiros e como non o bulleiro dos abundantes días de choiva. No medio da nada atopamos un argentino que co seu bar daba alento ós peregrinos que pasaban por alí. Detivémonos a charlar un pouco con el e a selar a credencial. No fondo da baixada vimos que aparecía a subida a Lastra e decidimos aforrala por camiño (as informacións de que era moi dura e que estaba en mal estado, tanto do argentino como dos paisanos que atopabamos, animáronnos a tomar a decisión). Despois de Lastra xa retomamos o camiño e subimos a infernal pendente que nos conduciu a unha chaira e despois a unha impresionante baixada. Por esta baixada xa comezamos a atopar moitos pergrinos a pé. E así chegamos ata Cádavo, onde aproveitamos para lavar a bici que chea de barro, pedía, suplicaba unha lixeira limpeza para poder seguir rodando… Ducha, cena, un pequeno paseo pola vila e a durmir para ofrontar a seguinte etapa.
Track aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario