A última etapa! Esta é unha etapa larga de 74 kms. Pasa por paisaxes magníficos. O orballo vainos acompañando casi todo o traxecto, pero non nos impide admirar o noso entorno verde, agreste e salpicado de pequenas poboacións. O traxecto do camiño vai case en línea recta desde Negreira, atravesando as montañas, desde as que divisamos panorámicas impresionantes. Os operarios de montes están rozando os toxos e salpicando o camiños cos mesmos. Iso provocará múltiples pinchazos. Eu por sorte resisto coas cámaras con líquido. É unha solución que aconsello. Imos alternando con trozos de asfalto para logo dirixirnos ás montañas que circundan a costa. Bordeamos o Encoro de Ponte Olveira. Despois de Olveiroa, en torno a Hospital o camiño divídese: un vai a Muxía e outro a Cee e Fisterra. Nos optamos por este último. Por fin chegamos a Cee onde tiñamos a comida conxunta. Despois da comida iniciamos o acceso ó Faro de Fisterra. Aínda nos quedaban unhas cuantas dificultades. Algunha pendiente e a subida final ó Faro por carretera, onde xa nos comezaban a flaquear as forzas. Pero alí chegamos e poidemos admirar a inmensidade do mar, a curvatura do horizonte que lle da máis relevo ó nome de “Finis Terrae”. Cantos ollos admiraron esta paisaxe! O camiño remataba… pero quedaba nas nosas retinas un sinfín de imaxes, así como no noso corazón unha satisfacción e un sentimento que nos repetía: “para o ano, volvo”. Foi unha experiencia inolvidable, única. Obxectivo cumprido.
Track aquí.