Non podedes ir á Campania e deixar Pompeia sin visitar. É unha delicia ver, corroborar que os romanos vivían como tales. A estructura da cidade pódese observar, así como a distribución dos diversos servicios e comunicacións. As pezas importantes de gran valor están no museo arqueolóxico en Nápoles. Aquí deixaron simplemente copias das mesmas (que se agradece) e moitos metros para percorrer. E pensar que só un 10 % da cidade primitiva está exposta nesta escavación danos un pouco de vértigo. Tamén é inexcusable subir ó Vesubio. Desde alí hai magníficas vistas e un ponse no lugar dos que desde abaixo sufriron o seu enfado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario