Efectivamente, Figueras supón case por completo, Dalí. A vila está impregnada de tan insigne artista. O museo, os desfiles de turistas de todo o mundo son razóns suficientes para tal afirmación. Pero hai máis? Claro que sí. Un exemplo a fortaleza Castelo de Sant Ferrán.
Unha fortificación que se conserva en moi bó estado, construída desde 1753 é un impresionante baluarte á imaxe e semellanza dos construídos en Francia. Logo, como non, hai que visitar a magnífica exposición no Museo de Dalí.
Atopamos unha colección magnífica de toda a súa obra. Pintura, escultura, xoias… Son impresionantes as que van acompañadas de tecnoloxía, como movemento, efectos ópticos… Dalí nunca estivo á marxe de que acontecía ó seu redor, é máis sempre presenta a máis punteira innovación para ledicia do espectador. Logo tamén é importante ver o Museo do Ampurdán onde podemos admirar a pintura catalana do romanticismo, moderna e contemporánea.
Tamén unha magnífica exposición sobre a persoa de Narcís Monturiol. Un avanzado da súa época e incomprendido. Impresionoume o saber a parte máis sociolóxica de Narcís Monturiol, preocupado pola educación e o eido social. Unha visita necesaria…
Máis fotos: pulsa aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario