Hoxe tocounos cidade: pura e dura. Digo dura polos máis de 18 kms. entre pé e zapato e pura porque Barcelona é de esas cidades que son o padigma de urbe. Primeiro fixemos un paseo polo barrio gótico. Incluímos a Catedral (sempre en obras), Santa María del Mar (de moda pola novela), e os múltiples palacetes que jalonan ese emblemático barrio barcelonés.
Paseamos polo Porto Olímpico, Maremagnum e Capitanía Marítima. Logo fixemos un pequeno descanso tomando un refrixerio nun bar detrás de correos, entre el carrer d’en Hostal del Sol e o carrer d’en Gignás.
Rematado o pequeno descanso subimos Vía Laietana e logo Portaferrisa e Ramblas para acceder a Praza Catalunya e comezar a ruta do Modernismo. Creo que esta ruta cos seus insuperables monumentos é única e exclusiva de Barcelona. Paseo de Gracia, Rambla Catalunya e Diagonal comprenden os principais monumentos modernistas. Total un día completo. Cansados, pero mañá será outro día.
Baixar Track aquí.
Ver máis foto aquí.
É unha cidade que ainda non coñezo. Moi bo reportaxe. Con track e todo!!.
ResponderEliminarUn saúdo!!
Je, je... Non perdas de poñer na túa axenda unha visita a esta cidade. Gustarache, seguro...
ResponderEliminar