domingo, 14 de marzo de 2010

CAPRI

P1040814 Saíndo da Bahía de Nápoles, atopamos unha illa pequena, pero chea de escondidos recunchos con encanto. O barco lévate rápido polo mar Tirreno. P1040823 Aproximadamente a uns 55 Kms/h. Unha vez chegados ó Porto de Capri, é preciso coller un autobús (alternativo ó teleférico que está en obras) para subir á vila. Hai que ver como manexan estes conductores polos meandros de asfalto costa arriba! Unha vez no cogollo da vila, é aconsellable perderse polas ruas e rueiros e, sobre todo, achegarse ós diferentes miradores que ten a illa: P1040864 Belvedere, desde onde se ven os “Faraglioni”, o que está situado ó final da Vía Krupp nos xardíns de Augusto e, como non, o do “Arco Natural”. Son pequenos paseos que nos achegan a verdadeiros observatorios da beleza. Tamén é interesante ir á “Grotta Azzurra” e logo camuflarse entre a xente, sobre todo á hora do aperitivo, nas terrazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario