Nápoles é unha cidade mediterránea chea de vida. A impresión de suciedade e de destartalada que percibe o turista, está sobradamente compensada pola cantidade de destinos que lle ofrece a propia cidade. Imprescindible dar unha volta polo seu paseo marítimo, visitar o Museo Arqueolóxico, comer as súas pizas.
A visita ó Duomo é inescusable, como tamén as Galerías Umberto. Pasear pola rúa Toledo, por Tribunali, S. Paolo Maggiori, Piazza Gesú Nuovo. Visitar a igrexa de Santa Chiara e o seu magnífico claustro. Perderse pola Piazza Plebiscito… Tomar unha cervexa en Gambrino!!
Hai un bar pequeno, pero moi recomendable onde podemos comer comida italiana. É barato e a relación cualidade precio, totalmente recomendable: “Osteria della Mattonella” en Vía Giovanni Nicotera, 13. Tamén “don Salvatore” en Vía Mergellina nº 5, ó lado do porto. É algo máis caro pero non tanto, e de moi boa calidade. Outro sitio recomendado para comer: “Da Donato” en Vía San Cosmo fuori Porta Nolana 26/28, cerca da Piazza Giuseppe Garibaldi; unha degustación é boa idea. Xa vedes… a gastronomía forma parte das visitas. Quen non se alegraría de saber bós sitios para comer e de bó precio cando anda fóra do seu entorno? Pois aí tendes…
Menudos viaxes que te pegas, que envidia.
ResponderEliminarO que non vale para outra cousa, xa se sabe: a viaxar... je, je...
ResponderEliminar