domingo, 14 de marzo de 2010

CAPRI

P1040814 Saíndo da Bahía de Nápoles, atopamos unha illa pequena, pero chea de escondidos recunchos con encanto. O barco lévate rápido polo mar Tirreno. P1040823 Aproximadamente a uns 55 Kms/h. Unha vez chegados ó Porto de Capri, é preciso coller un autobús (alternativo ó teleférico que está en obras) para subir á vila. Hai que ver como manexan estes conductores polos meandros de asfalto costa arriba! Unha vez no cogollo da vila, é aconsellable perderse polas ruas e rueiros e, sobre todo, achegarse ós diferentes miradores que ten a illa: P1040864 Belvedere, desde onde se ven os “Faraglioni”, o que está situado ó final da Vía Krupp nos xardíns de Augusto e, como non, o do “Arco Natural”. Son pequenos paseos que nos achegan a verdadeiros observatorios da beleza. Tamén é interesante ir á “Grotta Azzurra” e logo camuflarse entre a xente, sobre todo á hora do aperitivo, nas terrazas.

sábado, 13 de marzo de 2010

A COSTA AMALFITANA

P1040684Se xa Nápoles e entorno merecen unha visita, que dicir da costa amalfitana? Pega a pena serpentear as curvas das súas sinuosas estradas. P1040790 Parar alí onde te deixen os escasos espazos de aparcar o coche e observar as preciosas vistas que nos ofrecen os seus múltiples acantilados, o mar dun azul verdoso intenso e os pobos como se dun nacemento navideño se tratase. P1040704

Sorrento, Positano, Furore, Amalfi, Ravello e Salerno poden ser bós sitios para pararse a contemplar os seus Duomos, as súas rueiras, degustar o famoso limonccello ou tomar unha cervexa nunha terraza ó borde do porto…

viernes, 12 de marzo de 2010

POMPEIA

P1040611 Non podedes ir á Campania e deixar Pompeia sin visitar. É unha delicia ver, corroborar que os romanos vivían como tales. A estructura da cidade pódese observar, así como a distribución dos diversos servicios e comunicacións. P1040636 As pezas importantes de gran valor están no museo arqueolóxico en Nápoles. Aquí deixaron simplemente copias das mesmas (que se agradece) e moitos metros para percorrer. P1040538 E pensar que só un 10 % da cidade primitiva está exposta nesta escavación danos un pouco de vértigo. Tamén é inexcusable subir ó Vesubio. Desde alí hai magníficas vistas e un ponse no lugar dos que desde abaixo sufriron o seu enfado.

jueves, 11 de marzo de 2010

NÁPOLES

P1040525 Nápoles é unha cidade mediterránea chea de vida. A impresión de suciedade e de destartalada que percibe o turista, está sobradamente compensada pola cantidade de destinos que lle ofrece a propia cidade. Imprescindible dar unha volta polo seu paseo marítimo, visitar o Museo Arqueolóxico, comer as súas pizas. P1040956

A visita ó Duomo é inescusable, como tamén as Galerías Umberto. Pasear pola rúa Toledo, por Tribunali, S. Paolo Maggiori, Piazza Gesú Nuovo. Visitar a igrexa de Santa Chiara e o seu magnífico claustro. Perderse pola Piazza Plebiscito… Tomar unha cervexa en Gambrino!! P1040997

Hai un bar pequeno, pero moi recomendable onde podemos comer comida italiana. É barato e a relación cualidade precio, totalmente recomendable: “Osteria della Mattonella” en Vía Giovanni Nicotera, 13. P1050009 Tamén “don Salvatore” en Vía Mergellina nº 5, ó lado do porto. É algo máis caro pero non tanto, e de moi boa calidade. Outro sitio recomendado para comer: “Da Donato” en Vía San Cosmo fuori Porta Nolana 26/28, cerca da Piazza Giuseppe Garibaldi; unha degustación é boa idea. Xa vedes… a gastronomía forma parte das visitas. Quen non se alegraría de saber bós sitios para comer e de bó precio cando anda fóra do seu entorno? Pois aí tendes…

martes, 2 de marzo de 2010

FIGUERAS = DALÍ

P1040424Efectivamente, Figueras supón case por completo, Dalí. A vila está impregnada de tan insigne artista. O museo, os desfiles de turistas de todo o mundo son razóns suficientes para tal afirmación. Pero hai máis? Claro que sí. Un exemplo a fortaleza Castelo de Sant Ferrán. P1040380

Unha fortificación que se conserva en moi bó  estado, construída desde 1753 é un impresionante baluarte á imaxe e semellanza dos construídos en Francia. Logo, como non, hai que visitar a magnífica exposición no Museo de Dalí.

Atopamos unha colección magnífica de toda a súa obra. Pintura, escultura, xoias… Son impresionantes as que van acompañadas de tecnoloxía, como movemento, efectos ópticos… Dalí nunca estivo á marxe de que acontecía ó seu redor, é máis sempre presenta a máis punteira innovación para ledicia do espectador. Logo tamén é importante ver o Museo do Ampurdán onde podemos admirar a pintura catalana do romanticismo, moderna e contemporánea.P1040410

Tamén unha magnífica exposición sobre a persoa de Narcís Monturiol. Un avanzado da súa época e incomprendido. Impresionoume o saber a parte máis sociolóxica de Narcís Monturiol, preocupado pola educación e o eido social. Unha visita necesaria…

Máis fotos: pulsa aquí.

lunes, 1 de marzo de 2010

BARCELONA: GÓTICO E MODERNISMO

P1040268 Hoxe tocounos cidade: pura e dura. Digo dura polos máis de 18 kms. entre pé e zapato e pura porque Barcelona é de esas cidades que son o padigma de urbe. Primeiro fixemos un paseo polo barrio gótico. Incluímos a Catedral (sempre en obras), Santa María del Mar (de moda pola novela), e os múltiples palacetes que jalonan ese emblemático barrio barcelonés.

P1040295 Paseamos polo Porto Olímpico, Maremagnum e Capitanía Marítima. Logo fixemos un pequeno descanso tomando un refrixerio nun bar detrás de correos, entre el carrer d’en Hostal del Sol e o carrer d’en Gignás.

P1040347 Rematado o pequeno descanso subimos Vía Laietana e logo Portaferrisa e Ramblas para acceder a Praza Catalunya e comezar a ruta do Modernismo. Creo que esta ruta cos seus insuperables monumentos é única e exclusiva de Barcelona. Paseo de Gracia, Rambla Catalunya e Diagonal comprenden os principais monumentos modernistas. Total un día completo. Cansados, pero mañá será outro día.



Baixar Track aquí.

Ver máis foto aquí.