Xa de boa mañá, logo do pertinente almorzo, comezamos o periplo encamiñándonos, via Santa Cruz cara o fermoso Parque de Anaga. Vexetación autóctona impresionante con laurelsilvas, cactus, chumberas e a increíble plantación de viñedos polos sucalcos imposibles de barrancos inacesibles. Así descendemos ata Taganaga. Non se pode mirar para abaixo. Da vértigo. Ó fondo, o mar emperifollado salpica a espuma nas rocas volcánicas.
Un campesiño véndenos figos chumbos recén arrancados da chumbera e xa preparados para degustar.
Baixamos a Roque de las Bodegas, onde disfrutamos da paisaxe e mesmo dunha cervexa fresca nunha terraza.
De aquí saímos cara a Punta del inglés. Magnífico paisaxe onde podemos apreciar a división da illa pola chamada “dorsal” que separa a zona con vexetación da zona escarpada e pedregosa. Divísase a Laguna, Sta. Cruz…
Aquí vivimos unha mala experiencia. En canto baixamos do coche e en menos de 1 minuto fomos testigos de como xente de malas artes romperon un cristal do coche duns turistas alemáns e roubáronlle os pasaportes, diñeiro e tarxetas de crédito. Non o podiamos crer. Estábamos un montón de xente e non nos enteramos. Uns taxistas que traían turistas explicáronnos que era moi habitual nos miradores. Chamaron á policía. Nos estivemos comunicándonos coa parella de alemáns en inglés. Explicáronnos que tiñan as mediciñas de el (o marido). Que era diabético e que as precisaba antes de 3 horas. Todos estivemos tratando de averiguar se podíamos localizar ós ladróns, ou polo menos recuperar documentos e medicamentos… Inútil. Aínda que unha señora aseguraba haber visto a unha muller que corría por unha edificación medio derruída, non fomos quen de atopala, nin a ela nin restos do roubado.
Nós quedamos coa parella, tranquilizándoos e falando con eles namentras chegase a policía. Que por certo o fixo con dilixencia. Unha xove parella de policías nacionais chegaron e pedíronnos que lles explicásemos o procedemento a seguir. Trataron de rebuscar entre as ruinas e o sendeiro que baixaba pola montaña, pero non atoparon nada. Ó final acompañaron a parella ata Sta. Cruz. Despedíronse de nós moi agradecidos. Desexámoslle sorte.
Xa solucionado o tema tomamos camiño cara La Laguna. Vila moi coidada e cunha beleza considerable. Está plagada de casas señoriais. Unhas boas rúas peatonalizadas. Ideal para callejear.
Xa de aquí regresamos a Adeje. O día foi intenso en emocións e sensacións…
No hay comentarios:
Publicar un comentario