De boa mañá comeza a chover. Ó momento luce o sol. Pero a temperatura sempre agradable: 22º. Collemos o coche e comezamos o periplo encamiñando os nosos pasos ós Gigantes. Subida forte ás cumbres para logo baixar ata os acantilados impresionantes dos Gigantes. Alí comeza a chover a gusto. Un río cae pola carretra que descende ata o porto.
De aquí saimos cara Garachico subindo por Tamaimo e Santiago de Teide. A paisaxe é impresionante: flora autóctona en medio dunha neboeira e, por veces, choiva constante. En Garachico recíbenos o arco da vella.
Alianza co tempo que non se cumpre, xa que por veces cae auga que non se sabe de onde ven, pois está todo despexado. Alí na oficina de turismo empápannos de información e da historia da zona. Alí vamos a tomar unhas excelentes tapas acompañadas con viño da zona. Exquisito.
Ata o gofio e as papas arrugás nos saben a gloria. Hai un grupo de bares que se xuntaron para compartir degustacións de diversas tapas típicas con viños da zona. Precio moi asequible (2,5 €) e cantidade e calidade moi aceptables. Garachico deixounos un bo regusto. Quedáronnos ganas de voltar.
A continuación seguimos cara Icoz de los vinos. Está moi cerca de Garachico. É unha población moi empinada (como casi todas) e que ten varias cousas indispensables: o drago milenario, o centenario, os seus (como non) viños (por algo o apéndice do nombre), o palacio dos Cáceres, a súa xente amable (constante en toda a isla). Callejeamos polas rúas da vila e saboreamos os seus viños. Quedamos en volver. Quedaron cousas no tinteiro.
O Teide sempre presente. De aquí fomos a Puerto de la Cruz, onde paseamos polo centro e admiramos as suas terrazas e temperatura agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario