viernes, 10 de diciembre de 2010

Teide, Orotava e Santa Cruz

Hoxe temos a intención de “atacar” o Teide. Esperamos que nos faga un día propicio para admirar ese entorno tan singular. Así comezamos o ascenso por Guía de Isora. O día está soleado e expléndido. Xa subidos a casi 1000 metros de altura a paisaxe é dunha beleza incomparable. Contemplamos o mar e Gomera ó fondo…

P1070319

Segundo seguimos subindo a paissaxe é cada vez máis volcánica. O Teide xa comeza a estar presente.

P1070322

jueves, 9 de diciembre de 2010

Parque Anaga, Taganaga, Punta del inglés e La Laguna

Xa de boa mañá, logo do pertinente almorzo, comezamos o periplo encamiñándonos, via Santa Cruz cara o fermoso Parque de Anaga. Vexetación autóctona impresionante con laurelsilvas, cactus, chumberas e a increíble plantación de viñedos polos sucalcos imposibles de barrancos inacesibles. Así descendemos ata Taganaga. Non se pode mirar para abaixo. Da vértigo. Ó fondo, o mar emperifollado salpica a espuma nas rocas volcánicas.

P1070249

Un campesiño véndenos figos chumbos recén arrancados da chumbera e xa preparados para degustar.

P1070253

Baixamos a Roque de las Bodegas, onde disfrutamos da paisaxe e mesmo dunha cervexa fresca nunha terraza.

P1070268

De aquí saímos cara a Punta del inglés. Magnífico paisaxe onde podemos apreciar a división da illa pola chamada “dorsal” que separa a zona con vexetación da zona escarpada e pedregosa. Divísase a Laguna, Sta. Cruz…

P1070284

P1070286

Aquí vivimos unha mala experiencia. En canto baixamos do coche e en menos de 1 minuto fomos testigos de como xente de malas artes romperon un cristal do coche duns turistas alemáns e roubáronlle os pasaportes, diñeiro e tarxetas de crédito. Non o podiamos crer. Estábamos un montón de xente e non nos enteramos. Uns taxistas que traían turistas explicáronnos que era moi habitual nos miradores. Chamaron á policía. Nos estivemos comunicándonos coa parella de alemáns en inglés. Explicáronnos que tiñan as mediciñas de el (o marido). Que era diabético e que as precisaba antes de 3 horas. Todos estivemos tratando de averiguar se podíamos localizar ós ladróns, ou polo menos recuperar documentos e medicamentos… Inútil. Aínda que unha señora aseguraba haber visto a unha muller que corría por unha edificación medio derruída, non fomos quen de atopala, nin a ela nin restos do roubado.

Nós quedamos coa parella, tranquilizándoos e falando con eles namentras chegase a policía. Que por certo o fixo con dilixencia. Unha xove parella de policías nacionais chegaron e pedíronnos que lles explicásemos o procedemento a seguir. Trataron de rebuscar entre as ruinas e o sendeiro que baixaba pola montaña, pero non atoparon nada. Ó final acompañaron a parella ata Sta. Cruz. Despedíronse de nós moi agradecidos. Desexámoslle sorte.

Xa solucionado o tema tomamos camiño cara La Laguna. Vila moi coidada e cunha beleza considerable. Está plagada de casas señoriais. Unhas boas rúas peatonalizadas. Ideal para callejear.

P1070298

P1070308

Xa de aquí regresamos a Adeje. O día foi intenso en emocións e sensacións…

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Candelaria, Güimar, Arafo, Santa Cruz

Hoxe foi un día de visitas familiares. Visitamos en primeiro lugar Candelaria, coa súa Basílica e a súa impresionante plaza e logo fomos a Güimar e Arafo onde pasamos unha agradable tarde coa familia.

P1070216

P1070217

Pola noitiña acercámonos a Santa Cruz, demos unha pequena volta antes de volver a Adeje.

lunes, 6 de diciembre de 2010

De Adeje a Puerto de la Cruz

De boa mañá comeza a chover. Ó momento luce o sol. Pero a temperatura sempre agradable: 22º. Collemos o coche e comezamos o periplo encamiñando os nosos pasos ós Gigantes. Subida forte ás cumbres para logo baixar ata os acantilados impresionantes dos Gigantes. Alí comeza a chover a gusto. Un río cae pola carretra que descende ata o porto.

P1070156

De aquí saimos cara Garachico subindo por Tamaimo e Santiago de Teide. A paisaxe é impresionante: flora autóctona en medio dunha neboeira e, por veces, choiva constante. En Garachico recíbenos o arco da vella.

P1070165

P1070175Alianza co tempo que non se cumpre, xa que por veces cae auga que non se sabe de onde ven, pois está todo despexado. Alí na oficina de turismo empápannos de información e da historia da zona.  P1070189Alí vamos a tomar unhas excelentes tapas acompañadas con viño da zona. Exquisito.

Ata o gofio e as papas arrugás nos saben a gloria. Hai un grupo de bares que se xuntaron para compartir degustacións de diversas tapas típicas con viños da zona. Precio moi asequible (2,5 €) e cantidade e calidade moi aceptables. Garachico deixounos un bo regusto. Quedáronnos ganas de voltar.

P1070188 P1070185 A continuación seguimos cara Icoz de los vinos. Está moi cerca de Garachico. É unha población moi empinada (como casi todas) e que ten varias cousas indispensables: o drago milenario, o centenario, os seus (como non) viños (por algo o apéndice do nombre), o palacio dos Cáceres, a súa xente amable (constante en toda a isla). Callejeamos polas rúas da vila e saboreamos os seus viños. Quedamos en volver. Quedaron cousas no tinteiro.

P1070198

P1070200

P1070207

O Teide sempre presente. De aquí fomos a Puerto de la Cruz, onde paseamos polo centro e admiramos as suas terrazas e temperatura agradable.