Parece mentira, tan cerca, e que descoñecida era para min. Alégrome de haber ido. Que boa xente en Burela! Así que alquilamos un autobús e alí nos presentamos 22 persoas de Vigo e 4 de Ourense.
Paseamos, cenamos cuns excelentes amigos, e recibimos o calor da amizade en doses King-size. Que sorte ter uns amigos coma estes....
Xa pola mañá do domingo nos dividimos en dous grupos: uns fomos a facer bici de montaña, da boa, da que non te esqueces por unha boa temporada. Percorrimos os montes de Burela e os seus lagos. Porque eran lagos, non si?. Algúns atravesámolos coas nosas bici-balsas, outros medio a nado... Mirade as fotos que poño ó final uns enlaces: non teñen desperdicio...
Outros foron a facer un percorrido polos arredores de Burela: Sargadelos, o Paseo dos namorados, S. Cibrao...
Todo un descobremento: mar, montaña, "lagos"... aquí non falta de nada. Ata un rico chocolate quente no avituallamento, ademáis das bebidas isotónicas, da froita e das consabidas barritas... Logo, unha comida conxunta de todos os asistentes e xa de volta, pasando antes pola praia das Catedrais: todo un monumento da natureza. Xa de volta para casa fomos rumiando nas nosas mentes a boa esperiencia que pasamos esta fin de semana. Quedaron gañas de repetir...
Máis fotos: aquí
Precioso lugar y maravillosa cronica.
ResponderEliminarUn beso