Que beleza a cidade de Girona!… É unha ledicia pasear por as súas rúas. O barrio xudeo, a muralla, o casco antigo, a grande oferta museística e, sobre todo, que te atopas como na casa. Impresionoume a Catedral. A nave máis ampla do mundo. Como se sostén? Eses arquitectos eran fantásticos… Ten un museo magnífico e moi ben explicado. O clautro… pega a pena perderse nel, lendo case toda a Biblia nos seus capiteis… Pero hai un museo do que gardo un persoal recordo: o museo do cine. Único! Se tendes ocasión non volo perdades… Logo o resto de museos teñen un valor impresionante: o da historia da cidade, o de Arte…
As casiñas á beira do río. A praza da independencia. Por moito que siga dicindo, non acabaría nunca de nombrar as marabillas que nos proporciona. Que grande descobremento Girona!… Voltarei, seguro. Queda moito por ver… e por pasear. Teño dor de pes pero estou contento de telo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario