domingo, 28 de febrero de 2010

UNHA EXCURSIÓN POR CALELLA

Hoxe, domingo, decidimos facer unha excursión de senderismo polos montes que rodean Calella.

excursion2 A intención era ver as Torretas de Calella, pero non pudo ser, pois o navegador conduciunos ben, pero os camiños que sinalaba non todos eran públicos. Pois aquí…. hai camiños privados!!! con prohibición de pasar os camiñantes. excursion3

Por fin, dando voltas e voltas logramos atopar a “Via Augusta Marítima” que nos levou bordeando montes cara Calella de volta. Foron case 12 kilómetros, pero agradables de paseo. Aínda que tiven que “apandar” cos reproches da acompañante, que non estaba polo labor, pero que acobou divertíndose coa aventura. Ou non?


Baixar Track aquí.

Ver máis fotos aquí.

viernes, 26 de febrero de 2010

GIRONA

GERONA Que beleza a cidade de Girona!… É unha ledicia pasear por as súas rúas. O barrio xudeo, a muralla, o casco antigo, a grande oferta museística e, sobre todo, que te atopas como na casa.  Impresionoume a Catedral. A nave máis ampla do mundo. Como se sostén? Eses arquitectos eran GERONA2fantásticos… Ten un museo magnífico e moi ben explicado. O clautro… pega a pena perderse nel, lendo case toda a Biblia nos seus capiteis… Pero hai un museo do que gardo un persoal recordo: o museo do cine. Único! Se tendes ocasión non volo perdades… Logo o resto de museos teñen un valor impresionante: o da historia da cidade, o de Arte…

GERONA3 As casiñas á beira do río. A praza da independencia. Por moito que siga dicindo, non acabaría nunca de nombrar as marabillas que nos proporciona. Que grande descobremento Girona!… Voltarei, seguro. Queda moito por ver… e por pasear. Teño dor de pes pero estou contento de telo…

jueves, 25 de febrero de 2010

CALELLA DE MAR E ARENYS DE MAR

CALELLA Son duas poblacións moi diferentes. Calella é unha vila totalmente turística que no seu día viviu do téxtil e agora case exclusivamente do turismo, pero é unha bonita vila con bós servicios, agradables paseos urbáns e polos seus parques exquisitamente coidados. ARENYS Arenys, sen embargo é unha urbe dormitorio da próxima Barcelona, pero conserva unha beleza do Maresme que lle é propia. É tranquila e agradable para pasear.  O Hotel Amaika de Calella é unha opción moi aceptable.

lunes, 8 de febrero de 2010

VIAXE A BURELA

Parece mentira, tan cerca, e que descoñecida era para min. Alégrome de haber ido. Que boa xente en Burela! Así que alquilamos un autobús e alí nos presentamos 22 persoas de Vigo e 4 de Ourense.



Paseamos, cenamos cuns excelentes amigos, e recibimos o calor da amizade en doses King-size. Que sorte ter uns amigos coma estes....

Xa pola mañá do domingo nos dividimos en dous grupos: uns fomos a facer bici de montaña, da boa, da que non te esqueces por unha boa temporada. Percorrimos os montes de Burela e os seus lagos. Porque eran lagos, non si?. Algúns atravesámolos coas nosas bici-balsas, outros medio a nado... Mirade as fotos que poño ó final uns enlaces: non teñen desperdicio...


Outros foron a facer un percorrido polos arredores de Burela: Sargadelos, o Paseo dos namorados, S. Cibrao...

Todo un descobremento: mar, montaña, "lagos"... aquí non falta de nada. Ata un rico chocolate quente no avituallamento, ademáis das bebidas isotónicas, da froita e das consabidas barritas... Logo, unha comida conxunta de todos os asistentes e xa de volta, pasando antes pola praia das Catedrais: todo un monumento da natureza. Xa de volta para casa fomos rumiando nas nosas mentes a boa esperiencia que pasamos esta fin de semana. Quedaron gañas de repetir...

Máis fotos: aquí