Hai que ver a beleza que nos deparan estes lugares! Iniciamos a subida pola Serra Bermeja chegando ó pobo de Casares. O pobo consiste nunha morea de casiñas brancas pegadas á montaña. As rúas dannos a impresión de estar en Argel ou algo similar. Impolutas, brancas e cheas frores. Despois de pasar uns miradores impresionantes desde os que se divisa o Peñón de Xibraltar e, mesmo, África. Logo de pasar por distintos pobos (Algatocín, Benadalid, Atajate, Jimera de Líbar e Benaján) e unhas inconmensurables atalayas con vistas de gran beleza, chegamos a Ronda. Fermosísima vila separada por un “tajo” dos mais fotografiados que eu coñezo. Un parque, praza de toros, varios museos e ruas estreitas e pequenas na parte máis medieval configuran esta vila que preside, con moito honor, a comarca. Quedounos por ver a Cova da Pileta, que creo que pega a pena, pero noutra ocasión…
No hay comentarios:
Publicar un comentario