Onte fixemos unha “quedada” 32 amantes da MTB en Ourense. Procedíamos de Vigo, Burela, Carballiño e Ourense. O día, aínda que ameazaba choiva, respetounos toda a xornada e foi excelente. A ruta e a paisaxe por esta ruta son impresionantes, pero o que mellor, a compañía de que disfrutabamos. Tanto é así que xa estamos coa mente pensando na seguinte. Pois a cousa non acabou así, pois despois da ruta fomos a repoñer forzas e desfacernos do bulleiro, imitando ós romanos, nas termas de Outariz. Non dabamos probado tódalos estanques, os chorros… auga quente, auga fría, caldarium…. se non fora porque nos mordía a fame, seguiríamos indefinadamente alí. Pero esperábanos unha boa comida (pulpo, empanada, churrasco, postre e castañas) regada con un excelente mencía en uns exquisitos chupitos en Casa Rial. Deixounos bó gusto Ourense… e sobre todo os amigos.
Podedes atopar máis información e fotos aquí.
Te veo funcionar bien con el photoshop!!
ResponderEliminarPodría ser... pero en este caso no es Photoshop...
ResponderEliminar