lunes, 30 de noviembre de 2009

Serranía de Ronda

P1030067 Hai que ver a beleza que nos deparan estes lugares! Iniciamos a subida pola Serra Bermeja chegando ó pobo de Casares. O pobo consiste nunha morea de casiñas brancas pegadas á montaña. As rúas dannos a impresión de estar en Argel ou algo similar. Impolutas, brancas e cheas frores. P1030103Despois de pasar uns miradores impresionantes desde os que se divisa o Peñón de Xibraltar e, mesmo, África. Logo de pasar por distintos pobos (Algatocín, Benadalid, Atajate, Jimera de Líbar e Benaján) e unhas inconmensurables atalayas con vistas de gran beleza, chegamos a Ronda. Fermosísima vila separada por un “tajo” dos mais fotografiados que eu coñezo.P1030125 Un parque, praza de toros, varios museos e ruas estreitas e pequenas na parte máis medieval configuran esta vila que preside, con moito honor, a comarca. Quedounos por ver a Cova da Pileta, que creo que pega a pena, pero noutra ocasión…

domingo, 22 de noviembre de 2009

IV MARCHA BTT DE NIGRÁN

 DSCN0098_cartoon Hoxe foi un día de BTT. A ruta “durilla”, pero disfrutamos un montón: co bulleiro, os “regatos” e os sendeiros en medio de bosques de piñeiros e discurrindo á beira de ríos. Ó chegar ó final había que collernos con pinzas. As lavadoras están a 100. Éramos ó redor de 450 persoas “bicicleteando” polo monte. O monte é grande, pero case, case non cabíamos todos.DSC09948_cartoon

Información da ruta: AQUÍ.

Tendes fotos nestes enlaces:

Album Club Bicinenazas e tamén Album Racso e moitas, moitas, no Album de Santiago Oitavén


viernes, 13 de noviembre de 2009

SAÍDA NOCTURNA

No foro activo de MTB Chichifu Bike atopei este vídeo… Atrevidos son, pero que envidia…

domingo, 8 de noviembre de 2009

A RUTA DO MAGOSTO EN OURENSE

DSCN0021[1] Onte fixemos unha “quedada” 32 amantes da MTB en Ourense. Procedíamos de Vigo, Burela, Carballiño e Ourense. O día, aínda que ameazaba choiva, respetounos toda a xornada e foi excelente. eligio_cartoonA ruta e a paisaxe por esta ruta son impresionantes, pero o que mellor, a compañía de que disfrutabamos. Tanto é así que xa estamos coa mente pensando na seguinte. Pois a cousa non acabou así, pois despois da ruta fomos a repoñer forzas e desfacernos do bulleiro, imitando ós romanos, nas termas de Outariz.Llanura_cartoon Non dabamos probado tódalos estanques, os chorros… auga quente, auga fría, caldarium…. se non fora porque nos mordía a fame, seguiríamos indefinadamente alí. Pero esperábanos unha boa comida (pulpo, empanada, churrasco, postre e castañas) regada con un excelente mencía en uns exquisitos chupitos en Casa Rial. Deixounos bó gusto Ourense… e sobre todo os amigos.

Podedes atopar máis información e fotos aquí.

lunes, 2 de noviembre de 2009

PRÍNCIPE DE LOS IMANES

gerardo Este é o meu irmán maior: PRÍNCIPE DE LOS IMANES. REY DEL NITRÓGENO LÍQUIDO. Desde ben pequeno andivo metido no mundo dos experimentos, desde os xoguetes que destripaba ata querer construír un avión. Avión que simbólicamente construíu e no que voa polo mundo da ciencia sen parar. Agora anda doído, e con razón, pola sinrazón dos que non tiveron nin terán nunca “avións” para deslizarse polo mundo da sabiduría. O meu irmán foi sempre e é un sabio, pero. como todos os sabios, non o parece. Disimúlao e pasa desapercibido. Para algúns, claro. Para outros non. Aquí vos deixo un enlace da VOZ DE GALICIA no que lle fan unha entrevista. Lede con atención. Escoitade. Ánimo Gerardo.

Entrevista.

Tribuna Abierta.