domingo, 14 de marzo de 2010

CAPRI

P1040814 Saíndo da Bahía de Nápoles, atopamos unha illa pequena, pero chea de escondidos recunchos con encanto. O barco lévate rápido polo mar Tirreno. P1040823 Aproximadamente a uns 55 Kms/h. Unha vez chegados ó Porto de Capri, é preciso coller un autobús (alternativo ó teleférico que está en obras) para subir á vila. Hai que ver como manexan estes conductores polos meandros de asfalto costa arriba! Unha vez no cogollo da vila, é aconsellable perderse polas ruas e rueiros e, sobre todo, achegarse ós diferentes miradores que ten a illa: P1040864 Belvedere, desde onde se ven os “Faraglioni”, o que está situado ó final da Vía Krupp nos xardíns de Augusto e, como non, o do “Arco Natural”. Son pequenos paseos que nos achegan a verdadeiros observatorios da beleza. Tamén é interesante ir á “Grotta Azzurra” e logo camuflarse entre a xente, sobre todo á hora do aperitivo, nas terrazas.

sábado, 13 de marzo de 2010

A COSTA AMALFITANA

P1040684Se xa Nápoles e entorno merecen unha visita, que dicir da costa amalfitana? Pega a pena serpentear as curvas das súas sinuosas estradas. P1040790 Parar alí onde te deixen os escasos espazos de aparcar o coche e observar as preciosas vistas que nos ofrecen os seus múltiples acantilados, o mar dun azul verdoso intenso e os pobos como se dun nacemento navideño se tratase. P1040704

Sorrento, Positano, Furore, Amalfi, Ravello e Salerno poden ser bós sitios para pararse a contemplar os seus Duomos, as súas rueiras, degustar o famoso limonccello ou tomar unha cervexa nunha terraza ó borde do porto…

viernes, 12 de marzo de 2010

POMPEIA

P1040611 Non podedes ir á Campania e deixar Pompeia sin visitar. É unha delicia ver, corroborar que os romanos vivían como tales. A estructura da cidade pódese observar, así como a distribución dos diversos servicios e comunicacións. P1040636 As pezas importantes de gran valor están no museo arqueolóxico en Nápoles. Aquí deixaron simplemente copias das mesmas (que se agradece) e moitos metros para percorrer. P1040538 E pensar que só un 10 % da cidade primitiva está exposta nesta escavación danos un pouco de vértigo. Tamén é inexcusable subir ó Vesubio. Desde alí hai magníficas vistas e un ponse no lugar dos que desde abaixo sufriron o seu enfado.

jueves, 11 de marzo de 2010

NÁPOLES

P1040525 Nápoles é unha cidade mediterránea chea de vida. A impresión de suciedade e de destartalada que percibe o turista, está sobradamente compensada pola cantidade de destinos que lle ofrece a propia cidade. Imprescindible dar unha volta polo seu paseo marítimo, visitar o Museo Arqueolóxico, comer as súas pizas. P1040956

A visita ó Duomo é inescusable, como tamén as Galerías Umberto. Pasear pola rúa Toledo, por Tribunali, S. Paolo Maggiori, Piazza Gesú Nuovo. Visitar a igrexa de Santa Chiara e o seu magnífico claustro. Perderse pola Piazza Plebiscito… Tomar unha cervexa en Gambrino!! P1040997

Hai un bar pequeno, pero moi recomendable onde podemos comer comida italiana. É barato e a relación cualidade precio, totalmente recomendable: “Osteria della Mattonella” en Vía Giovanni Nicotera, 13. P1050009 Tamén “don Salvatore” en Vía Mergellina nº 5, ó lado do porto. É algo máis caro pero non tanto, e de moi boa calidade. Outro sitio recomendado para comer: “Da Donato” en Vía San Cosmo fuori Porta Nolana 26/28, cerca da Piazza Giuseppe Garibaldi; unha degustación é boa idea. Xa vedes… a gastronomía forma parte das visitas. Quen non se alegraría de saber bós sitios para comer e de bó precio cando anda fóra do seu entorno? Pois aí tendes…

martes, 2 de marzo de 2010

FIGUERAS = DALÍ

P1040424Efectivamente, Figueras supón case por completo, Dalí. A vila está impregnada de tan insigne artista. O museo, os desfiles de turistas de todo o mundo son razóns suficientes para tal afirmación. Pero hai máis? Claro que sí. Un exemplo a fortaleza Castelo de Sant Ferrán. P1040380

Unha fortificación que se conserva en moi bó  estado, construída desde 1753 é un impresionante baluarte á imaxe e semellanza dos construídos en Francia. Logo, como non, hai que visitar a magnífica exposición no Museo de Dalí.

Atopamos unha colección magnífica de toda a súa obra. Pintura, escultura, xoias… Son impresionantes as que van acompañadas de tecnoloxía, como movemento, efectos ópticos… Dalí nunca estivo á marxe de que acontecía ó seu redor, é máis sempre presenta a máis punteira innovación para ledicia do espectador. Logo tamén é importante ver o Museo do Ampurdán onde podemos admirar a pintura catalana do romanticismo, moderna e contemporánea.P1040410

Tamén unha magnífica exposición sobre a persoa de Narcís Monturiol. Un avanzado da súa época e incomprendido. Impresionoume o saber a parte máis sociolóxica de Narcís Monturiol, preocupado pola educación e o eido social. Unha visita necesaria…

Máis fotos: pulsa aquí.

lunes, 1 de marzo de 2010

BARCELONA: GÓTICO E MODERNISMO

P1040268 Hoxe tocounos cidade: pura e dura. Digo dura polos máis de 18 kms. entre pé e zapato e pura porque Barcelona é de esas cidades que son o padigma de urbe. Primeiro fixemos un paseo polo barrio gótico. Incluímos a Catedral (sempre en obras), Santa María del Mar (de moda pola novela), e os múltiples palacetes que jalonan ese emblemático barrio barcelonés.

P1040295 Paseamos polo Porto Olímpico, Maremagnum e Capitanía Marítima. Logo fixemos un pequeno descanso tomando un refrixerio nun bar detrás de correos, entre el carrer d’en Hostal del Sol e o carrer d’en Gignás.

P1040347 Rematado o pequeno descanso subimos Vía Laietana e logo Portaferrisa e Ramblas para acceder a Praza Catalunya e comezar a ruta do Modernismo. Creo que esta ruta cos seus insuperables monumentos é única e exclusiva de Barcelona. Paseo de Gracia, Rambla Catalunya e Diagonal comprenden os principais monumentos modernistas. Total un día completo. Cansados, pero mañá será outro día.



Baixar Track aquí.

Ver máis foto aquí.

domingo, 28 de febrero de 2010

UNHA EXCURSIÓN POR CALELLA

Hoxe, domingo, decidimos facer unha excursión de senderismo polos montes que rodean Calella.

excursion2 A intención era ver as Torretas de Calella, pero non pudo ser, pois o navegador conduciunos ben, pero os camiños que sinalaba non todos eran públicos. Pois aquí…. hai camiños privados!!! con prohibición de pasar os camiñantes. excursion3

Por fin, dando voltas e voltas logramos atopar a “Via Augusta Marítima” que nos levou bordeando montes cara Calella de volta. Foron case 12 kilómetros, pero agradables de paseo. Aínda que tiven que “apandar” cos reproches da acompañante, que non estaba polo labor, pero que acobou divertíndose coa aventura. Ou non?


Baixar Track aquí.

Ver máis fotos aquí.