viernes, 26 de febrero de 2010

GIRONA

GERONA Que beleza a cidade de Girona!… É unha ledicia pasear por as súas rúas. O barrio xudeo, a muralla, o casco antigo, a grande oferta museística e, sobre todo, que te atopas como na casa.  Impresionoume a Catedral. A nave máis ampla do mundo. Como se sostén? Eses arquitectos eran GERONA2fantásticos… Ten un museo magnífico e moi ben explicado. O clautro… pega a pena perderse nel, lendo case toda a Biblia nos seus capiteis… Pero hai un museo do que gardo un persoal recordo: o museo do cine. Único! Se tendes ocasión non volo perdades… Logo o resto de museos teñen un valor impresionante: o da historia da cidade, o de Arte…

GERONA3 As casiñas á beira do río. A praza da independencia. Por moito que siga dicindo, non acabaría nunca de nombrar as marabillas que nos proporciona. Que grande descobremento Girona!… Voltarei, seguro. Queda moito por ver… e por pasear. Teño dor de pes pero estou contento de telo…

jueves, 25 de febrero de 2010

CALELLA DE MAR E ARENYS DE MAR

CALELLA Son duas poblacións moi diferentes. Calella é unha vila totalmente turística que no seu día viviu do téxtil e agora case exclusivamente do turismo, pero é unha bonita vila con bós servicios, agradables paseos urbáns e polos seus parques exquisitamente coidados. ARENYS Arenys, sen embargo é unha urbe dormitorio da próxima Barcelona, pero conserva unha beleza do Maresme que lle é propia. É tranquila e agradable para pasear.  O Hotel Amaika de Calella é unha opción moi aceptable.

lunes, 8 de febrero de 2010

VIAXE A BURELA

Parece mentira, tan cerca, e que descoñecida era para min. Alégrome de haber ido. Que boa xente en Burela! Así que alquilamos un autobús e alí nos presentamos 22 persoas de Vigo e 4 de Ourense.



Paseamos, cenamos cuns excelentes amigos, e recibimos o calor da amizade en doses King-size. Que sorte ter uns amigos coma estes....

Xa pola mañá do domingo nos dividimos en dous grupos: uns fomos a facer bici de montaña, da boa, da que non te esqueces por unha boa temporada. Percorrimos os montes de Burela e os seus lagos. Porque eran lagos, non si?. Algúns atravesámolos coas nosas bici-balsas, outros medio a nado... Mirade as fotos que poño ó final uns enlaces: non teñen desperdicio...


Outros foron a facer un percorrido polos arredores de Burela: Sargadelos, o Paseo dos namorados, S. Cibrao...

Todo un descobremento: mar, montaña, "lagos"... aquí non falta de nada. Ata un rico chocolate quente no avituallamento, ademáis das bebidas isotónicas, da froita e das consabidas barritas... Logo, unha comida conxunta de todos os asistentes e xa de volta, pasando antes pola praia das Catedrais: todo un monumento da natureza. Xa de volta para casa fomos rumiando nas nosas mentes a boa esperiencia que pasamos esta fin de semana. Quedaron gañas de repetir...

Máis fotos: aquí

martes, 12 de enero de 2010

ESTAMOS NA SEMANA DE CINE

lacintablanca "LA CINTA BLANCA" (The White Ribbon) 2009: Festival de Cannes: Palma de Ouro (mellor película), premio FIPRESCI. 2009: Premios do cine europeo: Mellor película, director, guión. 4 nominacións.. 2009: Nominada ó Globo de Ouro á Mellor película estranxeira / Drama. Intriga. Infancia / SINOPSE: Inexplicables acontecementos perturban a tranquila vida dun pobo protestante no norte de Alemania en 1913, xusto antes da Primeira Guerra Mundial. Un graneiro é devorado polo lume, dous miniños son secuestrados e torturados... O mestre de escola observa, investiga e pouco a pouco descubre a increíble verdade... Seleccionada por Alemania como candidada ó Oscar 2010 na categoría de película de fala non inglesa.

Michael Haneke déixanos inquietos coa historia. Pero, é verdade que se trata de explicar nun microcosmos dunha aldea, o que se está “cocendo” nun país como Alemania a principios de século.


MAIS CINE

Cinco_minutos_de_gloria-867896080-large Outra boa película: “Five minutes of Heaven”. 2009: Sundance: Mellor dirección, mellor guión World Cinema / Drama. Crime / SINOPSE: Narra a historia da relación entre un asasino e o irmán dun home ó que iste matou. Escrita por Guy Hibbert (Omagh) e dirixida polo alemán Oliver Hirschbiegel. É un canto á non violencia e unha aposta pola paz. A actuación de Liam Neeson e James Nesbitt é inconmesurable. O lema da película é: "TO FACE THE FUTURE, THEY MUST FACE THE PAST". Toda unha declaración de intencións que nos fai reflexionar ó longo do film.


domingo, 10 de enero de 2010

O INVERNO NA NOSA ZONA

neveP1030512O inverno é unha estación longa en Galicia. Fai máis frío. Chove bastante e, ás veces, neva. Pero para nós os do sur de Galicia a neve é unha novidade que recibimos con ledicia.   Parécenos que é bo sinal. É por iso que hoxe disfrutamos pedaleando polos camiños nevados.  

sábado, 9 de enero de 2010

MIL AÑOS DE ORACIÓN

Se vos gusta o cine, vola recomendo. É Concha de Oro de S. Sebastián do 2007 e Concha de Plata ó mellor actor (Henry O). Un pai que ven da China para ver á súa filla. Contrasta o mundo de occidente, do capitalismo duro, co mundo de oriente, cunha filosofía impregnada das ensinanzas de Mao. O actor ten unha merecida Concha de Prata. A linguaxe é moi importante. Pai e filla comunícanse en chinés e cos outros persoaxes en inglés (no noso caso traducido ó castelán).