Este é o meu irmán maior: PRÍNCIPE DE LOS IMANES. REY DEL NITRÓGENO LÍQUIDO. Desde ben pequeno andivo metido no mundo dos experimentos, desde os xoguetes que destripaba ata querer construír un avión. Avión que simbólicamente construíu e no que voa polo mundo da ciencia sen parar. Agora anda doído, e con razón, pola sinrazón dos que non tiveron nin terán nunca “avións” para deslizarse polo mundo da sabiduría. O meu irmán foi sempre e é un sabio, pero. como todos os sabios, non o parece. Disimúlao e pasa desapercibido. Para algúns, claro. Para outros non. Aquí vos deixo un enlace da VOZ DE GALICIA no que lle fan unha entrevista. Lede con atención. Escoitade. Ánimo Gerardo.
lunes, 2 de noviembre de 2009
PRÍNCIPE DE LOS IMANES
domingo, 25 de octubre de 2009
POLO OUTRO LADO DA RÍA
O domingo, 25 de outubro, 6 “esforzados” ciclistas, auga, suor e pedal, polo outro lado da ría de Vigo fomos a descubrir paisaxes marabillosos, como a subida a Monte Faro, monte Xaxán e o decurso do río Fraga. Para iso partimos de Moaña e sen parar de subir chegamos ó piricouto do Morrazo desde o que se apreciaban unhas vistas impresionantes. O tempo respetou a xornada.
Iso sí, os camiños máis que camiños eran regatos que baixaban con presa de chegar ó río Fraga, e logo ó mar. Podedes apreciar a beleza dos paisaxes e a dureza dos camiños se pulsades aquí.
sábado, 17 de octubre de 2009
SAÍDA POLAS TERRAS DO RIBEIRO
lunes, 12 de octubre de 2009
ALBACETE
Esa descoñecida. A verdade, que si non é por ter alí “familia”, ó mellor, nin iríamos. Pero sacámoslle o seu encanto. A praza do concello, o barrio vello peatonal. E o tapeo. Non está mal CIBELES. David e Almudena uns auténticos guías de
Albacete.
Antes pasamos por Chinchilla onde comemos e visitamos a vila. Pequena pero moi aproveitada.
viernes, 9 de octubre de 2009
Benicassim
Benicassim sempre será un lugar apacible onde estar cos amigos (xa familia) e sempre hai novidades. O tempo axudou. Praia, navegar, pasear en bici, cine, pasear… O único é que o tempo pasa voando e hai que voltar a casa.![]()
Visitamos “Marina horror” en Oropesa. Que mágoa! o entorno é paradisíaco, pero quedou xa ‘derramado’, creo, que para sempre.
lunes, 5 de octubre de 2009
ELX: QUE GRAN VILA!
Para os que non coñeciamos Elx, foi toda unha sorpresa. As hortas con palmeiras, as ruinas onde se atopou a Dama, as rúas magníficas para dar paseos… E o que nos queda por ver: El misteri.
Pero é unha delicia achegarse a esta preciosa vila e pasear en boa compañía. E Argimiro e Juana Mari sono. Murcia gustoume moito, sorprendeume. Non así Alicante. Esperaba outra cousa. Agora sí: os arroces son únicos. Iso é verdade.