lunes, 5 de octubre de 2009

ELX: QUE GRAN VILA!

P1020794 Para os que non coñeciamos Elx, foi toda unha sorpresa. As hortas con palmeiras, as ruinas onde se atopou a Dama, as rúas magníficas para dar paseos… E o que nos queda por ver: El misteri. P1020668Pero é unha delicia achegarse a esta preciosa vila e pasear en boa compañía. E Argimiro e Juana Mari sono. Murcia gustoume moito, sorprendeume. Non así Alicante. Esperaba outra cousa. Agora sí: os arroces son únicos. Iso é verdade.

domingo, 4 de octubre de 2009

EL PARDO

2009 
Un encontro inolvidable con amigos inolvidables. Alí estivemos en El Pardo. Fogar da miña infancia e dos primeiros anos de adolescencia... Tantos recordos, tantos afectos recollidos ó vó. Foi unha fin de semana maravillosa (do 2 ó 4 de outubre). Non verse desde hai máis de 40 anos... e sen embargo, sentirse como irmáns de onte, de hoxe, de sempre...

martes, 29 de septiembre de 2009

Se Nigrán non vai a Burela, Burela ven a Nigrán

DSC04257 O día 26, sábado, uns amigos de Burela acercáronse a Nigrán para facer unha ruta connosco. Quen dixo que a bicicleta era un deporte individual, que non crea amigos? Pois equivocouse, como aquela pomba de Alberti. Precisamente, gracias á bicicleta fixemos uns bós amigos da Mariña luguesa.

Aquí vos deixo un link para que obsevedes e vexades.

Video.

Fotos.

Ruta en Wikilok.

lunes, 21 de septiembre de 2009

A VOLTA

P1020137  A VOLTA A CASA

E non me refiro á volta ciclista, que podería ser, senón á volta da viaxe. Bueno, outra vez “chez nous”. A verdade é que foi unha semana intensa: Bruselas, Gante, Amsterdam, Brujas, Amberes, Lovaina… Xa veremos como nos repoñemos…P1020153

Queda un bó sabor de boca de coñecer rincóns e cousas que sempre son novas. Ademáis da cerveza, das carnes e dos moules-frites , “bien sûr…”

sábado, 19 de septiembre de 2009

AMBERES-ANTWERPEN

Amberes non decepciona. A impresionante Central Station, a Catedral cunha exposición monográfica de Rubens, as plazas marabillosas e sobre todo... o ambiente. Todo o mundo na calle... Ah! e o paseo pola beira do Escalda... Quedan ganas de volver!

viernes, 18 de septiembre de 2009

BRUJAS-BRUGGE



Brujas, a cidade encantada (ou con encanto?). Pega a pena "perderse en Brujas", callexear, ir polos canais, sentarse a ver pasar a xente. Como non: admirar a Gran-Place... Eso sí, convivir con infinidade de turistas. O mellor aínda te atopas con alguén coñecido. Recomendo comer en Gruuthusehof, en Mariastraat 36. A parte de comer un menú con dous,platos, postre e café por uns 20 euros (cerveza boa incluída) o persoal e moi amable.

jueves, 17 de septiembre de 2009

BRUSELAS

Bruselas ten moitas cousas para ver e admirar, pero a Grande Place é unha das marabillas que sempre nos deixarán cos ollos coma platos e a boca aberta. Un 10 á créperie La fleur de lis, rue Haute, 35 (á beira da Chapelle). Tampouco defrauda a braserie La mort subite, nunha das saídas das Galleries St. Hubert