domingo, 4 de octubre de 2009
EL PARDO
Un encontro inolvidable con amigos inolvidables. Alí estivemos en El Pardo. Fogar da miña infancia e dos primeiros anos de adolescencia... Tantos recordos, tantos afectos recollidos ó vó. Foi unha fin de semana maravillosa (do 2 ó 4 de outubre). Non verse desde hai máis de 40 anos... e sen embargo, sentirse como irmáns de onte, de hoxe, de sempre...
martes, 29 de septiembre de 2009
Se Nigrán non vai a Burela, Burela ven a Nigrán
O día 26, sábado, uns amigos de Burela acercáronse a Nigrán para facer unha ruta connosco. Quen dixo que a bicicleta era un deporte individual, que non crea amigos? Pois equivocouse, como aquela pomba de Alberti. Precisamente, gracias á bicicleta fixemos uns bós amigos da Mariña luguesa.
Aquí vos deixo un link para que obsevedes e vexades.
lunes, 21 de septiembre de 2009
A VOLTA
E non me refiro á volta ciclista, que podería ser, senón á volta da viaxe. Bueno, outra vez “chez nous”. A verdade é que foi unha semana intensa: Bruselas, Gante, Amsterdam, Brujas, Amberes, Lovaina… Xa veremos como nos repoñemos…![]()
Queda un bó sabor de boca de coñecer rincóns e cousas que sempre son novas. Ademáis da cerveza, das carnes e dos moules-frites , “bien sûr…”
sábado, 19 de septiembre de 2009
AMBERES-ANTWERPEN
Amberes non decepciona. A impresionante Central Station, a Catedral cunha exposición monográfica de Rubens, as plazas marabillosas e sobre todo... o ambiente. Todo o mundo na calle... Ah! e o paseo pola beira do Escalda... Quedan ganas de volver! 
viernes, 18 de septiembre de 2009
BRUJAS-BRUGGE
Brujas, a cidade encantada (ou con encanto?). Pega a pena "perderse en Brujas", callexear, ir polos canais, sentarse a ver pasar a xente. Como non: admirar a Gran-Place... Eso sí, convivir con infinidade de turistas. O mellor aínda te atopas con alguén coñecido. Recomendo comer en Gruuthusehof, en Mariastraat 36. A parte de comer un menú con dous,platos, postre e café por uns 20 euros (cerveza boa incluída) o persoal e moi amable.
jueves, 17 de septiembre de 2009
BRUSELAS
Bruselas ten moitas cousas para ver e admirar, pero a Grande Place é unha das marabillas que sempre nos deixarán cos ollos coma platos e a boca aberta. Un 10 á créperie La fleur de lis, rue Haute, 35 (á beira da Chapelle). Tampouco defrauda a braserie La mort subite, nunha das saídas das Galleries St. Hubert
Un día en Amsterdam
Para pouco da un día en Amsterdam. Pero é unha vila con vida. Cosmopolita, tolerante, chea de sorpresas. Por fin unha vila onde os coches non son o centro do mundo. Hai bicicletas ata nos canales. Pega a pena perderse e deambular sen destino. Sempre rematas no Barrio Roxo, nos cofee chops, ou atravesando un belo canal, estilo veneciano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



