lunes, 31 de enero de 2011

A SERRA DE ARACENA

P1070565Cambio de tercio. Da praia á montaña. Huelva cambia completamente. Despois dunhas prolongadas planicies comezamos a subir a unhas montañas plagadas de alcornoques, enciñas e inmensas dehesas nas que pastan os animais: vacuno, ovino, porcino, gamos, cervos…, porque no monte sigue existindo Parque Nacional (o de Aracena e Picos de Aroche). P1070586Pobos e vilas van salpicando as montañas coas súas brancas pinceladas. Riotinto coas súa inmensa mina aberta, Aracena (coa Gruta das Maravillas, unha maravilla de gruta), Aroche, Jabugo, Cortegana. Castelos culminan e vixían eses pobos serranos. O regreso fixémolo por Almonaster Real, Gil Márquez… carretera secundaria, pero fermosa e cunhas paisaxes impresionantes.

P1070577

P1070590

No hay comentarios:

Publicar un comentario