Cambio de tercio. Da praia á montaña. Huelva cambia completamente. Despois dunhas prolongadas planicies comezamos a subir a unhas montañas plagadas de alcornoques, enciñas e inmensas dehesas nas que pastan os animais: vacuno, ovino, porcino, gamos, cervos…, porque no monte sigue existindo Parque Nacional (o de Aracena e Picos de Aroche). Pobos e vilas van salpicando as montañas coas súas brancas pinceladas. Riotinto coas súa inmensa mina aberta, Aracena (coa Gruta das Maravillas, unha maravilla de gruta), Aroche, Jabugo, Cortegana. Castelos culminan e vixían eses pobos serranos. O regreso fixémolo por Almonaster Real, Gil Márquez… carretera secundaria, pero fermosa e cunhas paisaxes impresionantes.
lunes, 31 de enero de 2011
domingo, 30 de enero de 2011
O ROCÍO, DOÑANA
O Rocío, ademáis de un fenómeno socio-cultural, é unha paraxe digna de visitar. Ademáis coincidiunos cun evento de chegada de cofradías de Triana que celebraban unha misa rociera. Bullicio de xente, de cabalos, carros e carretas. E moitos coches
Doñana non deferauda. Un paseo polo Parque Nacional é máis que recomendable. Coches axeitados paséannos polas dunas, polos humedais e polas praias… A vista da natureza, dos animais parece que nos sumerxen nun estado pouco coñecido polos humáns ou polo menos esquecido. As dunas, coas súas formacións caprichosas, cambiantes, esbeltas combinan como nun taboleiro xunto cos piñeiros e demáis flora autóctona proporcionando unha paisaxe única. Xabaríns, gamos e cervos acompáñannos en todo momento. O lince ibérico, agachado, nos se deixa ver… As aves sobrevoan en todo momento o Parque…
viernes, 28 de enero de 2011
DESCUBRINDO HUELVA
Huelva era unha gran descoñecida para min. A provincia –o pouco que puden ver- é impresionante. Mar, inmensas praias, natureza virxe, montañas, gastronomía, a súa xente… todo fai unha unidade que é inesquecible para calquer visitante. Hoxe fomos a dar un pequeno paseo pola cidade. Catedral, Virxe da Cinta, vista panorámica do discurso do río… bueno, dos ríos que conflúen (Tinto e Odiel) que na súa unión e a mestura coa auga do Atlántico, danlle ás súas augas un expléndido color azul turquesa.