A Córdoba chégase desde Málaga no AVE en 50 minutos. Non che da tempo a ler a prensa, e menos a ver a película que poñen, penso que para os que continúan para Madrid. Dice a guía que “Córdoba leva séculos namorando ó mundo enteiro só coa Mezquita, a xudería, os lenzos de Julio Romero de Torres, as esculturas romanas do Museo Arqueolóxico, os patios floridos, as tabernas onde corren ríos dourados de Montilla, as mañás fragantes nos xardíns alcazareños…”. Pero Córdoba é moito máis que iso. Basta dar un paseo por eses lugares que sinala a guía e polos seus alrededores e descubriremos rincóns (a praza e o calexón do Pañuelo, por exemplo) que nos obrigarán a deternos, mirar, admirar e imaxinar a dor que sentiron os Califas cando tiveron que deixar esta cidade. Recomendo Taberna Góngora na rúa Conde de Torres Cabrera, 4. Un bó montilla e pescaíto frito, brerenxenas… e infinidad de tapas que nos farán disfrutar dun ambiente puramente cordobés. Pedide, se teñen, cogollos á cordobesa.
Hola coment 1
ResponderEliminarhola hola. Coment 2
ResponderEliminar