Michael Haneke déixanos inquietos coa historia. Pero, é verdade que se trata de explicar nun microcosmos dunha aldea, o que se está “cocendo” nun país como Alemania a principios de século.
martes, 12 de enero de 2010
ESTAMOS NA SEMANA DE CINE
MAIS CINE
Outra boa película: “Five minutes of Heaven”. 2009: Sundance: Mellor dirección, mellor guión World Cinema / Drama. Crime / SINOPSE: Narra a historia da relación entre un asasino e o irmán dun home ó que iste matou. Escrita por Guy Hibbert (Omagh) e dirixida polo alemán Oliver Hirschbiegel. É un canto á non violencia e unha aposta pola paz. A actuación de Liam Neeson e James Nesbitt é inconmesurable. O lema da película é: "TO FACE THE FUTURE, THEY MUST FACE THE PAST". Toda unha declaración de intencións que nos fai reflexionar ó longo do film.
domingo, 10 de enero de 2010
O INVERNO NA NOSA ZONA
sábado, 9 de enero de 2010
MIL AÑOS DE ORACIÓN
Se vos gusta o cine, vola recomendo. É Concha de Oro de S. Sebastián do 2007 e Concha de Plata ó mellor actor (Henry O). Un pai que ven da China para ver á súa filla. Contrasta o mundo de occidente, do capitalismo duro, co mundo de oriente, cunha filosofía impregnada das ensinanzas de Mao. O actor ten unha merecida Concha de Prata. A linguaxe é moi importante. Pai e filla comunícanse en chinés e cos outros persoaxes en inglés (no noso caso traducido ó castelán).
miércoles, 23 de diciembre de 2009
domingo, 20 de diciembre de 2009
Pola Grova… perdido.
Este domingo, animados xa polas festas navideñas, o Club Ciclista Bicinenazas colleu rumbo ó monte da Grova, partindo por Gondomar e por Pinzás. Desde o monte, á altura do Corteliño, baixamos ó Facho e logo pasamos polo Outeiro do Home (xa somos vellos amigos este outeiro e mais nós). Xa desde alí pasamos a Baredo, Baiona e de regreso.
Tanto as vistas como o día estiveron impresionantes. Agora, sí: pasounos case de todo. Un perdeuse, outro pinchou, outro atrancou a cadea… Que todos os males sexan como estes!!!
Ver máis fotos aquí.
sábado, 19 de diciembre de 2009
O NOËL CHEGA EN BICICLETA
Efectivamente, o Pai Noël chegou en Bicicleta. Bueno, ven en bicicleta. Chegar non chegou, aínda. Pero disque os renos foron víctimas dun ERE e tivo que apretar o seu inxenio para solucionar o problema do reparto de agasallos.
Non hai queixa; está en plena forma e, ó millor, aínda é máis rápido en bicicleta que en reno (pobres renos!). Andaba polo monte Alba e detívose a tomar un pouco de cava e turrón cuns ciclistas que atopou no monte (Que farían alí, un sábado á maña, cun día soleado…?). ![]()
Hai que ver a ledicia dos ciclistas! Será polo cava? O caso é que, segundo contan informadores de confianza, xa quedaron para verse tódolos anos. Pode ser que cambien de sitio. Haberá que adaptarse ós itinerarios que o gordo do norte traia planificados.![]()
Así que xa sabedes. Tratádeo ben, se queredes ter bós regalos. FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!
Ver máis fotos aquí.
