domingo, 25 de octubre de 2009

POLO OUTRO LADO DA RÍA

70 O domingo, 25 de outubro, 6 “esforzados” ciclistas, auga, suor e pedal, polo outro lado da ría de Vigo fomos a descubrir paisaxes marabillosos, como a subida a Monte Faro, monte Xaxán e o decurso do río Fraga. Para iso partimos de Moaña e sen parar de subir chegamos ó piricouto do Morrazo desde o que se apreciaban unhas vistas impresionantes. O tempo respetou a xornada. 102 Iso sí, os camiños máis que camiños eran regatos que baixaban con presa de chegar ó río Fraga, e logo ó mar. Podedes apreciar a beleza dos paisaxes e a dureza dos camiños se pulsades aquí.

sábado, 17 de octubre de 2009

SAÍDA POLAS TERRAS DO RIBEIRO

Panorama 1P1020878 Un grupo, bastante numeroso, saimos a dar unha volta en bici polas terras do ribeiro. Subimos ó alto da Pena do Outeiral, desde a que se divisa todo o val e a Pena Corneira. A saída foi moi agradable. Mágoa dun ferido de "guerra". Manolo, mellórate pronto, pois botásmote de menos.

Galería de fotos.

lunes, 12 de octubre de 2009

ALBACETE

P1020825 Esa descoñecida. A verdade, que si non é por ter alí “familia”, ó mellor, nin iríamos. Pero sacámoslle o seu encanto. A praza do concello, o barrio vello peatonal. E o tapeo. Non está mal CIBELES. David e Almudena uns auténticos guías de P1020831 Albacete.

Antes pasamos por Chinchilla onde comemos e visitamos a vila. Pequena pero moi aproveitada.

viernes, 9 de octubre de 2009

Benicassim

P1020811 Benicassim sempre será un lugar apacible onde estar cos amigos (xa familia) e sempre hai novidades. O tempo axudou. Praia, navegar, pasear en bici, cine, pasear… O único é que o tempo pasa voando e hai que voltar a casa.P1020821

Visitamos “Marina horror” en Oropesa. Que mágoa! o entorno é paradisíaco, pero quedou xa ‘derramado’, creo, que para sempre.

lunes, 5 de octubre de 2009

ELX: QUE GRAN VILA!

P1020794 Para os que non coñeciamos Elx, foi toda unha sorpresa. As hortas con palmeiras, as ruinas onde se atopou a Dama, as rúas magníficas para dar paseos… E o que nos queda por ver: El misteri. P1020668Pero é unha delicia achegarse a esta preciosa vila e pasear en boa compañía. E Argimiro e Juana Mari sono. Murcia gustoume moito, sorprendeume. Non así Alicante. Esperaba outra cousa. Agora sí: os arroces son únicos. Iso é verdade.

domingo, 4 de octubre de 2009

EL PARDO

2009 
Un encontro inolvidable con amigos inolvidables. Alí estivemos en El Pardo. Fogar da miña infancia e dos primeiros anos de adolescencia... Tantos recordos, tantos afectos recollidos ó vó. Foi unha fin de semana maravillosa (do 2 ó 4 de outubre). Non verse desde hai máis de 40 anos... e sen embargo, sentirse como irmáns de onte, de hoxe, de sempre...