domingo, 20 de diciembre de 2009

Pola Grova… perdido.

P1030473 Este domingo, animados xa polas festas navideñas, o Club Ciclista Bicinenazas colleu rumbo ó monte da Grova, partindo por Gondomar e por Pinzás. Desde o monte, á altura do Corteliño, baixamos ó Facho e logo pasamos polo Outeiro do Home (xa somos vellos amigos este outeiro e mais nós). Xa desde alí pasamos a Baredo, Baiona e de regreso.

Salida Bicinenazas domingo 20-12-09 118 Tanto as vistas como o día estiveron impresionantes. Agora, sí: pasounos case de todo. Un perdeuse, outro pinchou, outro atrancou a cadea… Que todos os males sexan como estes!!!

Ver máis fotos aquí.

sábado, 19 de diciembre de 2009

O NOËL CHEGA EN BICICLETA

P1030433 Efectivamente, o Pai Noël chegou en Bicicleta. Bueno, ven en bicicleta. Chegar non chegou, aínda. Pero disque os renos foron víctimas dun ERE e tivo que apretar o seu inxenio para solucionar o problema do reparto de agasallos. P1030437Non  hai queixa; está en plena forma e, ó millor, aínda é máis rápido en bicicleta que en reno (pobres renos!). Andaba polo monte Alba e detívose a tomar un  pouco de cava e turrón cuns ciclistas que atopou no monte (Que farían alí, un sábado á maña, cun día soleado…?). P1030438

  Hai que ver a ledicia dos ciclistas! Será polo cava? O caso é que, segundo contan informadores de confianza, xa quedaron para verse tódolos anos. Pode ser que cambien de sitio. Haberá que adaptarse ós itinerarios que o gordo do norte traia planificados.Ruta_Bicinenazas_s_bado_19_12_09_069

Así que xa sabedes. Tratádeo ben, se queredes ter bós regalos.  FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!

Ver máis fotos aquí.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Córdoba

P1030203 A Córdoba chégase desde Málaga no AVE en 50 minutos. Non che da tempo a ler a prensa, e menos a ver a película que poñen, penso que para os que continúan para Madrid. P1030228 Dice a guía que “Córdoba leva séculos namorando ó mundo enteiro só coa Mezquita, a xudería, os lenzos de Julio Romero de Torres, as esculturas romanas do Museo Arqueolóxico, os patios floridos, as tabernas onde corren ríos dourados de Montilla, as mañás fragantes nos xardíns alcazareños…”. P1030242 Pero Córdoba é moito máis que iso. Basta dar un paseo por eses lugares que sinala a guía e polos seus alrededores e descubriremos rincóns (a praza e o calexón do Pañuelo, por exemplo) que nos obrigarán a deternos, mirar, admirar e imaxinar a dor que sentiron os Califas cando tiveron que deixar esta cidade. Recomendo Taberna Góngora na rúa Conde de Torres Cabrera, 4. Un bó montilla e pescaíto frito, brerenxenas… e infinidad de tapas que nos farán disfrutar dun ambiente puramente cordobés. Pedide, se teñen, cogollos á cordobesa.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Un día en Marbella

P1030172 É reconfortante encontrarte con antigos amigos que seguen sendo “amigos actuais”. Ensináronnos Marbella. A das grandes e luxosas mansións. P1030173 Innacesibles nas colinas de Marbella. Logo, o máis fermoso, pasear polo casco vello de Marbella. É delicioso ver as rúas típicas andaluzas dun pobo marítimo. O sol bañou os nosos corpos, así como a cervexa fresquiña e as tapas tomadas na terraza dunha plazoleta encantadora. A comida na terraza dun chiringuito. Ó sol. Mirando o mar. Conversa agradable coas nosas amigas. Un día delicioso. 

martes, 1 de diciembre de 2009

Decubrindo Málaga

P1030149 Málaga é unha cidade que goza de moitas vantaxes: o clima, a xente, o amigable dos paseos pola vila… exquisitos lugares de tapeo… Calle Larios, Catedral, Alcazaba, Museo Picasso, Praza da Merced, Praza da Constitución, Pasaje Chinitas, Parque, a Malagueta, Xardín Botánico-histórico “La Concepción”…P1030152 Tomar uns viños de Málaga nunha taberna á beira da Alameda (recomendo a Bodega Antigua Casa de Guardia en la Alameda Principal, número 18), ir de tapeo polas rúas da parte vella (imprescindible Taberna El Pimpi, na rúa Granada) e, sobre todo, pasear amodiño, disfrutando de cada rincón. Respirando fondo no parque e mirando ó lonxe, o mar Mediterráneo, por onde as ondas se alonxan cara África. Málaga é para disfrutala, para deixala como punto de encontro en máis dunha ocasión.